O Concello das Pontes abre un proceso selectivo de persoal técnico

TerraChaXa
As Pontes abriu o proceso selectivo para a constitución dunha lista de espera de persoal coa categoría de técnico de administración.
selccion persoal emprego
28 Abr 2021

O Concello das Pontes abriu o proceso selectivo para a constitución dunha lista de espera de persoal coa categoría de técnico de administración xeral coa condición de funcionario interino, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1.

As persoas aspirantes deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos; ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa; estar en posesión ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes, do título universitario oficial de grao. Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de licenciatura, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

Ademais poderá posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das funcións do posto e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial e ademais estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: Celga 4 ou equivalente. Este requisito será, no seu caso, substituído por unha proba de avaliación.

As solicitudes, xunto coa documentación xustificativa dos méritos que se valorarán na convocatoria poderán presentarse a través da sede electrónica municipal desde o 28 de marzo ata o 18 de maio de 2021.

Para obter máis información consultar o BOP 77 do 27 de abril de 2021 ou na páxina web do Concello

0.20546984672546