O Concello das Pontes confirma que a demolición das torres da términa non se fará durante as festas

TerraChaXa
No mes de maio, cando Endesa comunicou a previsión inicial de desenvolver estes traballos durante as festas patronais, o Goberno local trasladou de inmediato a súa oposición
Endesa-As-Pontes
17 Jun 2026

O Goberno local das Pontes confirma que non se realizará a demolición das torres de refrixeración da central térmica nin o 16 de xullo nin durante o período de celebración das Festas do Carmen, polo que a súa execución queda aprazada para unha data posterior.

No mes de maio, cando Endesa comunicou a previsión inicial de desenvolver estes traballos durante as festas patronais, o Concello trasladou de inmediato a súa oposición a esas datas por consideralas inadecuadas.

O Goberno local subliña que “nós facemos o noso traballo con discreción, para que todo se desenvolva correctamente; a nosa prioridade é garantir que este tipo de actuacións conten con planificación, rigor técnico e máxima seguridade, nun marco de coordinación institucional que evite incertezas ou alarma social”.

Insiste en que a actuación debe executarse coa maior axilidade posible, previsiblemente no mes de agosto, co obxectivo de avanzar na dispoñibilidade dos terreos e na súa incorporación ao uso industrial, no marco da estratexia de desenvolvemento económico das Pontes.

Así mesmo, o executivo recalca que a demolición se realizará baixo estritos protocolos de seguridade establecidos pola normativa vixente e en coordinación permanente entre a Policía Local, Protección Civil local e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, seguindo o mesmo modelo aplicado en intervencións similares en Cerceda, desenvolvidas con normalidade e sen incidencias.

0.12100481987