O Concello das Pontes inviste en dous programas de formación laboral

TerraChaXa
O Concello das Pontes, co obxectivo de promover a reactivación laboral do municipio, tras o inevitable impacto e a crise derivada polo COVID-19, apostará pola formación dual como ferramenta para impulsar o mercado laboral.
PIE Peche43 logo 1024x768
11 Maio 2020

O Concello das Pontes, co obxectivo de promover a reactivación laboral do municipio, tras o inevitable impacto e a crise derivada polo COVID-19, apostará pola formación dual como ferramenta para impulsar o mercado laboral.

O ente municipal ten previsto realizar unha inversión de aproximadamente 700.000 euros en programas de formación dual e formación remunerada, como ferramenta fundamental para mellorar o posicionamento no mercado laboral dos veciños e veciñas que se atopan en situación de búsqueda de emprego.

Ana Pena, responsable da concellería de Industria e Emprego, subliña que “o investimento que imos a realizar neste paquete formativo é unha inversión na nosa veciñanza, na súa empregabilidade e no aumento da súa competitividade. En anos anteriores, os obradoiros de emprego permitiron a contratación, a través do Concello, durante un ano, de máis de 30 persoas e máis de 80 beneficiario/as do Programa Integrado de Emprego conseguiron incorporarse ao mercado laboral, datos que amosan o papel que a formación ten no impulso da inserción laboral”

Nesta liña, o Concello ven de presentar os proxectos de solicitude, á Xunta de Galicia, do Obradoiro Emprego (Eume III) e do Obradoiro de Garantía Xuvenil (Pontes de Emprego IV), un paquete formativo que conta co cofinanciación municipal.

O Obradoiro Emprego (Eume III), programa de formación remunerada, está enfocado na formación de 12 alumnos na área de atención sociosanitaria a persoas no domicilio mentres que o Obradoiro de Garantía Xuvenil (Pontes de Emprego IV) permitirá a formación de 12 persoas na área do mantemento e montaxe mecánico de equipos industriais.

Ambos obradoiros permitirá a obtención do certificado de profesionalidade a través dun contrato de formación e docencia para 12 alumnos/as e 4 docentes durante 9 meses, no caso do primeiro obradoiro, e de 12 meses no obradoiro de garantía xuvenil.

Asemade, o Concello retoma o Plan Intergrado das Pontes, iniciado a principios de ano, un programa de formación dual, posto en marcha ao abeiro das subvencións para o emprego da Xunta de Galicia, que conta con 100 beneficiarios/a e a través do que o ente municipal trata de ofrecer unha ferramenta de axuda e acompañamento especializado aos beneficiarios/as para que poidan desenvolver as súas competencias persoais, sociais e laborais, acrecentar a súa empregabilidade e situarse nunha situación máis favorable cara o mercado laboral, que lles permita unha inserción laboral duradeira e en mellores condicións.

0.18909907341003