O Concello das Pontes licita o servizo de dinamización da Aula Cemit

TerraChaXa
O obxectivo é promover a alfabetización dixital da poboación da vila, mellorar as súas competencias dixitais e diminuir a fenda dixital.
conexion ordenador mobil
11 Xan 2022

O Concello das Pontes saca a licitación, ao abeiro do convenio de colaboración entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AA.PP e Xustiza da Xunta de Galicia, AMTEGA e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do plan de inclusión dixital no eido da Administración Local, o servizo de dinamización e impartición de cursos da Aula CeMIT co obxectivo de promover a alfabetización dixital da poboación da vila, mellorar as súas competencias dixitais e diminuir a fenda dixital e mellorar a súa empregabilidade.

Lorena Tenreiro, responsable da área de Medios Locais apunta que “a través deste servizo queremos mellorar a capacitación da veciñanza no manexo das novas tecnoloxía, achegala ao mundo dixital procurando, deste xeito, que poidan estar informadas e conectadas con outras persoas, poñende a súa disposición as ferramentas tecnolóxicas que existen na actualidade. A pandemia cambiou a forma de relacionarnos e somos conscientes de que existen colectivos nos que a fenda dixital pode ser un obstáculo para a vida cotiá, a través deste servizo queremos que aprendan a a encender un ordenador, usar un buscador, navegar pola rede, retocar editar fotos, usar as redes sociais, realizar trámites electrónicos, que se familiaricen coas novas tecnoloxías para que non queden atrás”.

O contrato, valorado en 28.400 euros, prevé a impartición dun mínimo de 800 horas anuais repartidas entre horas de aula aberta a toda a veciñanza e horas destinadas a accións formativas dirixidad a entidades sen ánimo de lucro, asociacións empresarias, persoas desempregadas e veciñanza en xeral.

As actividades formativas pivotarán en torno a cursos relacionados con habilitades informáticas (alfabetización informática, ofimática,) e outros seminarios máis concretos nos que o uso do ordenador sexa necesario para actuacións cotiás (pedir cita á seguridade social, pedir vida laboral, solicitar volantes de empadroamento, solicitude de licenzas, descargar fotografías no ordenador, etc.). Tamén incluirá seminarios dirixidos a asociacións sen ánimo de lucro, ONG´S, asociacións empresariais e outras para aumentar a súa visibilidade en Internet ou a obter un valor engadido a través de Internet (e-comerce, como crear páxinas web, como xestionar os contidos das páxinas, como estar presentes en redes sociais, crear blogs, etc.).

Entre as actividades previstas tamén figuran talleres de busca de emprego relacionados coas TIC´S. Breves seminarios ou talleres que permitan ás persoas desempregadas, a busca de emprego utilizando novas tecnoloxías (buscando emprego coas TIC´S, o traballo a través dos portais de emprego, realizar un cv efectivo, a busca de emprego a través das redes sociais, etc.)

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 20 de xaneiro, a través da sede electrónica do Concello. Toda a información sobre o proceso de licitación está dispoñible no perfil do contratante da páxina web municipal.

0.13346409797668