O Concello de Abadín remata obras realizadas co apoio da Xunta de Galicia

TerraChaXa
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou o concello lucense de Abadín, que recibiu nos últimos anos preto de 3 millóns de euros do organismo autonómico dirixidas a subvencionar varias obras.
2 May 2018

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou o concello lucense de Abadín, que recibiu nos últimos anos preto de 3 millóns de euros do organismo autonómico dirixidas a subvencionar varias obras.

Alfonso Rueda, acompañado polo alcalde de Abadín, José María López Rancaño, comprobou as obras de acondicionamento de accesos a espazos medioambbientais en varias parroquias do concello, concretamente en Vilarente, Graña e Corvite.

Grazas a estas axudas, o concello de Abadín nos últimos anos puido rehabilitar un edificio para centro de interpretación da natureza, arranxar numerosos viais para unha mellor prevención de incendios, elaborar rutas de sendeirismo e adquirir un tractor para a conservación da biodiversidade, ademais de levar a cabo melloras nas infraestruturas e instalacións no concello.

O Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa posta en marcha no ano 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

A Xunta continúa así a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional, co obxectivo último de garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio.

Este ano, o orzamento do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, supera entre ambas os 13 millóns de euros.

0.1566150188446