O Concello de Begonte anuncia unha nova edición do Mercado de Nadal
Debido ao éxito das anteriores edicións, o Concello de Begonte anunciou que está a preparar por cuarto ano consecutivo o mercado de nadal que se celebrará os días 21 e 22 de decembro na praza Irmáns Souto Montenegro.
Como sempre abrirá un tempo para que os interesados en participar como vendedores poden solicitar o seu posto no Concello. Búscanse expositores de artesanía, alimentación, ocio, decoración, atraccións, etc, que terán a súa estadía gratuíta.
A intención do Concello é preparar para eses días de mercado unha morea de actividades para nenos e adultos.
Os interesados en inscribirse ou informarse poden facelo no Concello a través do teléfono 982 396 143 ou 619 455 026 ou na dirección de correo cultura@concellodebegonte.es antes do 5 de decembro.
O Concello repite nesta convocatoria despois do éxito acadado nas edicións anteriores, xa que contou con numeroso público asistente e moitos postos de venda.