O Concello de Begonte fará unha pista de pádel ao lado do centro sociocultural

TerraChaXa
O Concello de Begonte construirá unha pista de pádel nas inmediacións do centro sociocultural e do centro de saúde, na zona axardinada do interior deste recinto, unha obra que responde á iniciativa veciñal e que terá un orzamento de 30.
Captura de pantalla 2020 07 17 a las 12.36.15
20 Xul 2020

O Concello de Begonte construirá unha pista de pádel nas inmediacións do centro sociocultural e do centro de saúde, na zona axardinada do interior deste recinto, unha obra que responde á iniciativa veciñal e que terá un orzamento de 30.000 euros, a cargo dunha subvención da Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta.

O recinto terá unhas dimensións de dez metros de ancho por 20 de longo, cunha zona de xogo de céspede artificial. A instalación, que será descuberta, contará con peche perimetral e iluminación artificial. A construcción da pista de pádel implicará un cambio de ubicación do parque biosaudable existente na zona.

O Concello estima que a actuación estará terminada no prazo dun mes. Ademais, non descartan as instalacións e mesmo instalar unha pista cuberta, que permita a práctica durante todo o ano.

0.10521411895752