O Concello de Begonte fai este mes a recollida de residuos voluminosos

TerraChaXa
O Concello de Begonte procederá durante este mes, á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.
enseres voluminosos portada
enseres voluminosos portada
12 abr 2023

O Concello de Begonte procederá durante este mes de abril, á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.

Os interesados no servizo deberán chamar previamente ó teléfono 982 396 143 para informar dos enseres a recoller indicando nome, dirección e teléfono de contacto. A data límite é ata o 13 de abril.

A recollida realizarase a partir das 8.00 horas de forma domiciliaria, debendo estar depositados os enseres en lugares accesibles para a súa carga co camión pluma. Entre os residuos que se recollen admítense electrodomésticos, mobles, sofás, portas, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persianas, xoguetes rotos, etc.

Por outra banda, aclaran que non se recollerán escombros, sanitarios ou obxectos xerados por reformas de vivendas.

enseres voluminosos lixo reciclaxe