O Concello de Begonte FS celebra a súa cea de Nadal o sábado

TerraChaXa
Contará coa actuación de DJ Ello para amenizar a noite
cena-nadal-fsf
16 Dec 2024

O Concello de Begonte FS celebrará a súa tradicional cea de Nadal o vindeiro 21 de decembro ás 22:00 horas no Restaurante Paz y Ana. A cita incluirá un completo menú con entrantes variados, costela de porco asada, tenreira asada, sobremesa e bebidas, ademais de licores para rematar. A noite estará amenizada pola actuación musical de DJ Ello, garantindo diversión para todos os asistentes.

O prezo da cea será de 30 euros para socios, 35 euros para non socios e 14 euros para menores de 12 anos. As reservas poderán realizarse ata o 18 de decembro a través dos contactos habituais do club: Sara (619 073 861), Juan (649 840 390), Juan Roca (696 766 257) e Antonio (609 291 500).

O club anima a todos os seus simpatizantes a participar neste evento, que promete ser unha gran celebración para despedir o ano.

0.12793207168579