O Concello de Begonte FS realiza dúas semanas de portas abertas

TerraChaXa
Esta participación acolle a pequenos das categorías de biberón a xuvenil, tanto masculino como feminino
portas-abertas-concello-de-begonte-fs
Cartel do evento
2 Xuño 2024

O Concello de Begonte FS invita a todos aqueles que queiran coñecer ao equipo a achegarse ao club para ver e probar o seu funcionamento, así como a práctica deportiva do fútbol sala a xornadas de portas abertas.

Esta participación acolle a pequenos das categorías de biberón a xuvenil, tanto masculino como feminino, que comprende a nenos nados en 2018 ata os de 2005.

As xornadas de portas abertas estarán en activo entre o 3 e o 21 de xuño.

As persoas que desexen participar deberán solicitalo a través de whatsapp no teléfono 679 711 709 ou no correo ascanicasdebegonte@gmail.com

0.17077898979187