O Concello de Begonte inicia o acondicionamento do local social de Bóveda

TerraChaXa
O concello de Begonte deu comezo as obras de mellora e acondicionamento do local social da parroquia de Bóveda
acondicionamento da escola de boveda en begonte
15 Xul 2022

O concello de Begonte deu comezo as obras de mellora do local social da parroquia de Bóveda, que consistirán no embelecemento exterior do edificio, mediante a instalación de Sate, que reducirá o impacto visual e mellorará o illamento térmico do edificio.

Dita obra conta con un orzamento de 23.500 euros, e está finaciada pola Xunta de Galicia, dentro da orde de axudas para reducir o feísmo e o impacto paisaxístico, con una achega de 16.000 euros, e unha aportación municipal de 7.500 euros con cargo a fondos propios.

Trátase do edificio da antiga escola , rehabilitada como local social, onde tanto Concello como asociación de veciños de Boveda e de cazadores desenvolven ó logo do ano as súas actividades.

OUTRAS OBRAS

En vindeiras datas, darán comezo tamén as obras de acondicionamento da antiga Escola do Castro, que permitirá a creación de dúas vivendas para alugueiro social. Ditas obras teñen un orzamneto que ascende a  73.000 euros, e está financiada pola Xunta de Galicia, cunha achega de 65.500 euros e fondos propios do Concello. Estas dúas vivendas sumaranse ás creadas recentemente nas parroquias de Saavedra e Donalbai.

"Nos últimos anos dende o Concello  apostamos pola mellora e recuperación das antigas escolas e centros sociais, nas que se investiron mais de 1millón de euros, mellorando os existentes, e creando novos espazos, en parroquias que carecían de un local para poder desenrolar todo tipo de actividades", di o alcalde, José Ulla.

"Ademais de manter as edificacións, que son un importante patrimonio do Concello, coa creación de vivendas para o alugueiro social, dotaremos o Concello de infrastruturas e ferramentas que nos permitirán fixar poboación no Rural, o que garantirá o mantemento presente e futuro de servizos fundamentais para o desenrolo do Concello", conclúe.

0.10072588920593