O Concello de Begonte organiza un curso gratuíto de manipulador de alimentos e hixiene Alimentaria

TerraChaXa
As inscricións están abertas nas oficinas do Concello de Begonte ata o 14 de novembro
cartel-manipulador-de-alimentos-cervo
11 Nov 2024

O Concello de Begonte, en colaboración coa Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer), convocou un curso gratuíto de manipulador de alimentos e hixiene alimentaria, dirixido a mulleres maiores de 18 anos. O curso terá lugar o 18 de novembro, en horario de 16:00 a 21:00 horas, na Casa da Cultura de Begonte.

Durante a formación, as participantes recibirán contidos clave para garantir a seguridade e a calidade alimentaria, tales como a manipulación hixiénica, conservación, clasificación e etiquetado dos alimentos, así como a lexislación aplicable.

As inscricións están abertas nas oficinas do Concello de Begonte ata o 14 de novembro, ou ata esgotar prazas. Esta é unha excelente oportunidade para adquirir coñecementos esenciais en seguridade alimentaria e mellorar a empregabilidade no sector.

0.17211699485779