O Concello de Begonte organiza unha excursión a San Andrés de Teixido e Ferrol o vindeiro 1 de xullo

TerraChaXa
A actividade inclúe viaxe, almorzo e comida e contará con 50 prazas que se cubrirán por orde de inscrición
SantoAndredeTeixido_RutaFaros
28 Jun 2026

O Concello de Begonte organizará o próximo 1 de xullo unha excursión a San Andrés de Teixido e Ferrol, unha actividade dirixida á veciñanza que combinará turismo, patrimonio e convivencia ao longo de toda a xornada.

Segundo informou o consistorio, a saída permitirá visitar pola mañá o santuario de San Andrés de Teixido, onde as persoas que o desexen poderán asistir á misa prevista para as 12.15 horas. Xa pola tarde, a expedición desprazarase ata Ferrol para coñecer o porto e realizar unha visita pola cidade.

A excursión contará cun máximo de 50 prazas, que se asignarán por orde de inscrición nas oficinas municipais. O prezo será de 35 euros para as persoas empadroadas no municipio e de 45 euros para as non empadroadas. No importe inclúense a viaxe en autobús, o almorzo e a comida.

Para formalizar a inscrición será necesario cubrir a solicitude correspondente e presentar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pagamento. O Concello facilitará o número de conta bancaria para realizar o ingreso no momento de tramitar a inscrición.

O prazo para apuntarse á actividade permanecerá aberto ata o luns 29 de xuño. O Concello anima á veciñanza interesada a realizar os trámites canto antes debido ao número limitado de prazas dispoñibles.

0.11743497848511