O Concello de Begonte organiza unha viaxe para facer o descenso do Sella

TerraChaXa
O Concello de Begonte pon en marcha unha excursión dirixida especialmente para á xuventude para realizar o descenso do Sella.
viaxe descenso sella begonte portada
viaxe descenso sella begonte portada
31 may 2023

O Concello de Begonte pon en marcha unha excursión dirixida especialmente para á xuventude (maiores de 18 anos) para realizar o descenso do Sella os próximos días 9 e 10 de xuño.  Ademais desta actividade, visitarán Arriondas, Cangas de Onís e Luarca.

O prezo da actividade é de 70 euros para empadroados e de 110 para os que non o están. Inclúe este o hotel en réxime de pensión completa  o propio descenso do Sella e a viaxe.

O número de prazas e limitado polo que a inscrición estará aberta ata o 2 de xuño no Concello de Begonte.

viaxe descenso sella begonte