O Concello de Castro de Rei acondiciona a Fonte de Prado

LugoXa | TerraChaXa
Está situada na parroquia de Santa Locaia
fonte-de-pardo-santa-locaia
A fonte restaurada
8 Xuño 2024

O Concello de Castro de Rei rematou os traballos para mellorar a contorna da Fonte de Prado, situada en Santa Locaia.

A fonte está xunto ao muíño do mesmo nome e sufriu un proceso de rehabilitación que implicou refacer as escaleiras de acceso, sen utilizar ningún tipo de formigón, e limpouse a fonte na súa totalidade.

Para poñer en valor esta antiga infraestrutura colocouse un sinal en madeira, indicativo da situación da mesma.

fonte-de-pardo-santa-locaia2
0.17219281196594