O Concello de Castro de Rei adxudica a xestión da escola infantil

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei volveu iniciar por quinta vez o proceso de licitación para adxudicar a xestión da escola infantil municipal
escola infantil
escola infantil
28 ene 2023

O Concello de Castro de Rei resolveu o proceso de licitación para adxudicar a xestión da escola infantil municipal Manuel López Besteiro tralo quinto intento. O contrato recaeu na empresa Silman 97 SL, que fixo unha oferta de 215.000 euros ao ano para a prestación do servizo.

O proceso de adxudicación inciouse tras rematar o contrato anterior polo que volveu saír a licitación, no pasado mes de xuño, cun orzamento de 161.855,67 euros. Xa a finais de xullo volveuse a licitar, malia que nesta segunda ocasión subiuse o prezo case un 10%, 178.041,23 euros, pero reafirmouse a mesma situación, non se presentaron ofertas.

Así, o Concello chairego volveu a iniciar a licitación, por terceira vez, subindo outro 10% o orzamento, é dicir, 195.845,35 euros, e informando de que o contrato ten unha duración de dous anos prorrogables a un máis e na seguinte a contía foi de 205.637,61 euros.

Nesta última ocasión a licitación, xa resolta, estaban establecidos 215.919,49 euros. A nova xestora subrogará o persoal do centro, composto por 8 persoas, e manterá o horario de funcionamento, de luns a venres de 7.30 a 20.00 horas.

A necesidade a satisfacer consiste na atención integral dos nenos e das nenas de 3 meses a 3 anos que compoñen a Escola Infantil Municipal, tanto nos seus aspectos educativos, coma de coidado, hixiene e alimentación dentro do horario da escola. Son actualmente 40 pequenos e pequenas os que hai que atender na escola infantil.

Francisco Balado explicara durante este longo proceso que a dificultade para atopar empresa que xestionara o servizo estivo condicionada pola alza de prezos e a inflación. "A xente está preocupada por cal vai ser o prezo final da enerxía polo que dá un pouco de medo por si logo os prezos non lles cubren", explica.

O alcalde afirmou tamén que a intención do concello é ampliar esta escola cun aula máis para o próximo curso debido á demanda que teñen o que podería indicar unhas sete praza máis.