O Concello de Castro de Rei aumenta o horario do programa 'Educando en Familia'

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei impulsa un novo curso o programa ‘Educando en Familia’ dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos que o curso pasado contaba con 25 usuarios e usuarias.
4 Oct 2017

O Concello de Castro de Rei impulsa un novo curso o programa ‘Educando en Familia’ dirixido a nenos e nenas de 0 a 3 anos que o curso pasado contaba con 25 usuarios e usuarias.

“Este ano tódalas semanas haberá clases en días alternos” como explica a concelleira de servizos sociais e benestar, María José López. Así as clases desenvolveranse os mércores en horario de tres e media a cinco e media e, na semana seguinte, os martes de once da mañá a unha do mediodía na antiga biblioteca de Castro Ribeiras de Lea tralo seu inicio o 4 de outubro.

Neste caso, as familias que acudan ás clases en días alternos pagarán 30 euros polo curso completo, de outubro a maio. “O resto do custo cúbreo o Concello”.

Zumba e Pilates
Tralo éxito de participación nas sesións de Zumba, o Concello organiza unha nova temporada con clases tanto en Castro Ribeiras de Lea coma en Castro de Rei a partir do martes 17 de outubro. As sesións serán os martes e xoves no pavillón de Castro entre as seis e media e as sete e media da tarde, mentres que en Castro de Rei se desenvolverán os martes e venres entre as oito e media e as nove e media do serán.

Neste caso, o prezo da actividade é de 20 euros ao mes por persoa; aínda que tamén se contempla a redución do prezo para aquelas persoas que acudan a unha única sesión cada semana.

Xa polas parroquias a concellería de servizos sociais e benestar colabora coa organización de cursos de Pilates. Trátase de cursos para tódalas idades que comprenden exercicio físico específico para maiores que padezan osteoporose, reuma, lumbalxia, hernias discais, ou sobrepeso, entre outras doenzas.

As clases desenvolveranse os venres –a partir do 6 de outubro- nas escolas das parroquias de Ansemar a partir das catro menos cuarto da tarde, en Duancos ás seis e media, en San Xiao de Mos a partir das oito e media e en Prevesos ás dez da noite.

0.160404920578