O Concello de Castro de Rei fai o mércores a recollida de residuos voluminosos

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Castro de Rei procederá a próxima semana, á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.
enseres voluminosos portada
enseres voluminosos portada
11 jun 2023

O Concello de Castro de Rei procederá o día 14 de xuño á recollida de enseres domésticos voluminosos porta por porta.

Os interesados no servizo deberán chamar previamente ó teléfono 982 314 034 para informar dos enseres a recoller indicando nome, dirección e teléfono de contacto.

A recollida realizarase a partir das 8.00 horas de forma domiciliaria, debendo estar depositados os enseres en lugares accesibles para a súa carga co camión pluma. Os camións non entran nas fincas, polo que deben deixarse os enseres na pista de acceso ou preto do contedor correspondente.

Entre os residuos que se recollen admítense electrodomésticos, mobles, sofás, portas, cadeiras, caixas e listóns de madeira, persianas, xoguetes rotos, etc.

Por outra banda, aclaran que non se recollerán escombros, sanitarios ou obxectos xerados por reformas de vivendas.

enseres voluminosos lixo reciclaxe