Continúa aberto o prazo de inscrición no obradoiro de manexo do estrés e ansiedade de Catro

TerraChaXa | LugoXa
A Escola Municipal de Teatro de Castro de Rei retomará un ano máis a súa actividade da man de Guillermo Cancelo, a partir do 2 de novembro.
obradoiro estres ansiedade Castro de Rei 1
4 Xan 2022

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de manexo do estrés e a ansiedade no Concello de Castro de Rei dirixido á poboación en xeral.

A formación realizarase en dúas convocatorias para poder facilitar a participación das persoas interesadas. A primeira será o xoves 13 de xaneiro no local enriba de Correos na praza Maior e a segunda na casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea. Ambas serán en horario de 16.30 a 20.30 horas.

Os obxectivos son aprender a xestionar as emocións, conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade e lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/o transición vital: enfermidade, dolo etc.

Para participar será necesarioa unha inscrición previa antes do 12 de xaneiro a través web da escola galega de saúde https://escolasaude.sergas.es/ ou no email prevenciondrogas@rabade.org.

0.11998105049133