O Concello de Castro de Rei pon en marcha o servizo madrugadores nos dous colexios

LugoXa | TerraChaXa
As actividades están destinadas a nenos e nenas matriculados nese centro cuxas idades estean comprendidas entre os 3 e os 12 anos
madrugadores-reloxo-conciliacion
7 sep 2024

O Concello de Castro de Rei continuará co servizo de madrugadores este curso nos dous centros da localidade, o de Ramón Falcón, na capitalidade, e no Veleiro Docampo, en Castro Ribeiras de Lea.

O servizo de Madrugadores consiste na ampliación do horario de apertura, durante todos os días lectivos no centro escolar. O período de execución das actividades de madrugadores iniciarase o primeiro día 11 de setembro ata o último día lectivo do mes de xuño (o servizo estará supeditado ao servizo lectivo).

As actividades de madrugadores están destinadas a nenos e nenas matriculados nese centro cuxas idades estean comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Realizarase de luns a venres, excepto en días non lectivos e o horario será de 8.00 a 9.45 no Ramón Falcón e de 7.30 a 9.15 no Veleiro do Campo. Atenderase aos pequenos facilitando o almorzo que podan traer da casa.

A data de inscrición está aberta  e esta debe facerse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou a través de sede electrónica.

0.077147006988525