O Concello de Castro proxecta obras de mellora de dúas pistas en Triabá

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei ten previsto poñer en marcha en próximas datas un proxecto de rexeneración de dúas pistas que se atopan dentro da parroquia de Triabá.
6 Mar 2019

O Concello de Castro de Rei ten previsto poñer en marcha en próximas datas un proxecto de rexeneración de dúas pistas que se atopan dentro da parroquia de Triabá. A execución dos traballos, para os que o consistorio xa realizou o proxecto e solicitou unha axuda do Plan Marco de Camiños da Xunta de Galicia, precisan dun orzamento de 91.960 euros.

A primeira dás pistas que se renovará é a que conduce ao barrio da Granda e que pasa por diante da farmacia de Triabá. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas, a aplicación de aglomerado en quente e o pintado da estrada.

Tamén se prevé mellorar dentro do mesmo proxecto a pista que pasa por diante da igrexa parroquial de Triabá e que conduce ao barrio de Ou Folgar. A idea e tamén limpar as cunetas, botar unha capa de aglomerado en quente e facer o pintado do vial.

Como explica o alcalde, trátase de dúas pistas que se atopan moi deterioradas.

0.16685080528259