O Concello de Cervo fai diferentes actividades arredor ao Día da Muller

TerraChaXa | AMariñaXa
7 Mar 2019

O Concello de Cervo organiza para mañá 8 de marzo, a tradicional Cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. Para a que xa hai anotadas máis de 110 mulleres.
Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante este mes, no que participaron 10 parellas ao parchís e 9 ao tute; ademais tamén se sortearán distintos agasallos, cortesía das asociacións.
A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na Casa do Mar.
O 17 de marzo, a Secretaría Xeral de Igualdade haberá a representación teatral Igual a Nós que será ás 18:00 horas, na Casa do Mar.
E para o 23 de marzo, a delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programou un seminario gratuíto de defensa persoal, a cargo da Escola de Defensa Persoal & Policial HKF. Será na Casa do Mar, en horario de entre 16:30 e 20:00 horas.
As interesadas poden anotarse ata o 18 de marzo, na Casa da Cultura. As prazas son limitadas. Máis información: 982 59 51 57.

0.18437910079956