O concello de Cervo mellora a iluminación das vivendas sociais de Río Cobo

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo acometeu estes días traballos de mellora da iluminación en Río Cobo.
2 Abr 2019

O Concello de Cervo acometeu estes días traballos de mellora da iluminación en Río Cobo.
En concreto, colocáronse dous novos puntos de luz para dar servizo á urbanización das vivendas sociais de Río Cobo, e substituíronse as luminarias existentes por outras tipo LED, “coas que gañamos tamén en eficiencia enerxética”, tal e como apuntou o rexedor, Alfonso Villares, quen supervisou a actuación acompañado polo edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, por técnicos municipais, e por algúns veciños da zona.
Villares precisou que o investimento foi de 6.000 euros, procedentes das arcas municipais.

0.17616605758667