O Concello de Cospeito escolle a imaxe gañadora do concurso do 25N

TerraChaXa
Aroa Rois Castiñeira, coa obra presentada baixo o lema 'Óllate no espello, rompe co machismo' lévase así 120 euros
cartel-ganador-cospeito-25n
29 Nov 2024

O Concello de Cospeito anunciou a imaxe gañadora do III Concurso de Imaxes Contra a Violencia de Xénero, organizado no marco das actividades do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. O premio foi para Aroa Rois Castiñeira, coa obra presentada baixo o lema Óllate no espello, rompe co machismo.

A imaxe de Aroa foi enviada o pasado 22 de novembro de 2024 e destacou non só pola súa forza visual e mensaxe, senón tamén pola súa gran acollida nas redes sociais, onde recibiu 307 me gustas na páxina de Facebook do Concello de Cospeito ata as 15:00 horas do día 25 de novembro. O premio económico para a gañadora será de 120 euros.

O certame deste ano contou cunha excelente participación, tanto no envío de propostas como na votación a través das redes sociais, que alcanzou un total de 1.572 votos ao longo do concurso.

O Concello agradece a implicación de todas as persoas que presentaron traballos, así como a colaboración cidadá que fixo deste evento un éxito. "Noraboa a Aroa Rois Castiñeira e a todos os participantes por contribuír a visibilizar esta importante loita social", subliñan.

Aroa Rois Castiñeira, Carla Prado Seijas, Claudia López García, Lidia Reboredo Trindade, Lara López Fernández e Saray Castro foron os seguintes traballos máis votados.

0.17201805114746