O Concello de Friol agasallou aos maiores do Centro de Día
Os maiores que asisten diariamente ao Centro de Dia que AFALU xestiona no Concello de Friol, recibiron a visita de parte do equipo de Goberno local, que lle fixeron entrega duns detalles. O alcalde de Friol quere así agasallar, en estas datas tan sinaladas, a estas persoas maiores que desfrutan de este servizo tan valioso nun pobo como Friol.
Este centro leva funcionando mais de un ano e ten en estes momentos 11 usuarios. Este servizo dispón de 14 prazas públicas, subvencionadas pola Xunta. É un servizo de atención ao Alzheimer.
A Xunta destina 170.000 euros ao ano para a prestación de servizos de atención e transporte neste centro. Así mesmo, tamén colabora con AFALU na posta en marcha dos centros de día que esta asociación ten en Lugo e Ourense, así como noutros programas de prevención e estimulación cognitiva.
O alcalde José Ángel Santos destacou a importancia deste servizo e deste centro que xestiona AFALU, e do apoio da Xunta, e dixo que “este é un servizo moi valioso para a poboación que ten algún tipo de problema relacionado co Alzheimer, ou que ten probabilidade de telo, posto que os profesionais que traballan aquí están especializados en traballar con estas persoas e conseguir que a súa enfermidade avance o mais lentamente posible, e incluso que poidan recuperar certas facultades que viron reducidas”.