O Concello de Friol celebra unha nova edición da Festa da Xuventude

LugoXa | TerraChaXa
Será o venres 30 de agosto e servirá para despedir como verán
presentacion-festa-da-xuventude-friol
Presentación da Festa da Xuventude
30 Ago 2024

O Concello de Friol continúa a súa programación de época estival coa celebración da Festa da Xuventude este venres 30 de agosto. Iniciarase a velada ás 21:00 horas con unha gran churrascada e pancetada no Parque Rosalía de Castro, con pan e bebida, e sobre as 00:00 horas dará comezo a verbena, na praza Andón Cebreiro, a cargo da Orquestra Cubo, coñecida polo gran espectáculo e por ter o escenario mais grande de Europa, e a Disco Móvil Impacto, que actuarán ata ben entrada a madrugada.

A mesma fin de semana da Festa da Xuventude, pero o domingo, coincide a Feira do mes, dado que é o primeiro domingo do mes de setembro.

Tamén ese mesmo domingo, día 1 de setembro, terá lugar a 4ª malla A Castronela. Esta malla tradicional que se levará a cabo no Castro Friulio, está organizada pola Asociación friolense de recreación histórica A Castronela en colaboración co Concello de Friol.

O alcalde, José Angel Santos, espera a asistencia e participación da xente moza de todo o municipio no día que o Concello lles adica, na Festa da Xuventude, pero tamén en todos os outros actos que se levarán a cabo nesta última fase do verán friolense.

O rexedor indica que “estas actividades celébranse para toda a xente moza de Friol, para todos os veciños e veciñas que queiran achegarse ata o noso pobo estes días, e para calquera persoa que queira visitarnos”.

0.16407799720764