O Concello de Friol contrata sete persoas para mantemento

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol inviste 65.000 euros na contratación de persoal de mantemento. Os seleccionados terá un contrato laboral de seis meses.
concello friol
1 Apr 2021

O Concello de Friol inviste 65.000 euros na contratación de persoal de mantemento. As persoas seleccionadas terá un contrato laboral durante seis meses.

Dende o equipo de Goberno do Concello de Friol queren seguir fomentando a inserción laboral, e para elo acaban de contratar un total de sete persoas a xornada do 75% (6 horas) e por un período de seis meses para o servizo denominado Mantemento de zonas naturais e espazos públicos, ao abeiro do Programa Fomento do Emprego. Este programa supón unha inversión de 65.000 euros.

Serán funcións a desempeñar polas persoas contratadas as que se lle poidan encomendar pola Alcaldía ou polos concelleiros delegados que garden relación co posto a desempeñar, segundo as necesidades dos servizos e na procura dunha boa marcha dos mesmos, así como traballos urxentes e inaprazables a desenvolver en relación ás obras ou servizos prioritarios ou que afectan ao funcionamento dos servizos públicos esenciais, tales como acondicionamento, mantemento e limpeza de accesos a núcleos de poboación, camiños e vías municipais, limpeza e conservación do entorno de espazos públicos, áreas recreativas, roteiros, etc., e obras de reparación e mantemento en xeral.

O alcalde José Ángel Santos destacou a importancia de esta iniciativa "para seguir na liña de impulsar a economía e tamén para apoiar as familias das persoas seleccionadas xa que cremos que en esta situación tan complicada que nos está tocando vivir, ter un contrato de traballo, aínda que so sexa por uns meses, sempre axuda a coller algo de folgos para continuar mellorando".

0.15986013412476