O Concello de Friol convoca unha nova edición da Festa da Xuventude

LugoXa | TerraChaXa
Será o venres 30 de agosto e servirá para despedir como verán
presentacion-festa-da-xuventude-friol
Presentación da Festa da Xuventude
21 Ago 2024

Este martes día 20 de agosto tivo lugar a presentación dunha nova edición da coñecida Festa da Xuventude no Concello de Friol, estando presente parte do Equipo de Goberno e algúns rapaces e rapazas da localidade, en representación de toda a xente moza do pobo.

O Concello continúa a súa programación de época estival coa celebración da Festa da Xuventude o venres 30 de agosto. Iniciarase a velada ás 21:00 horas con unha gran churrascada e pancetada no Parque Rosalía de Castro, con pan e bebida, e sobre as 00:00 horas dará comezo a verbena, na praza Andón Cebreiro, a cargo da Orquestra Cubo, coñecida polo gran espectáculo e por ter o escenario mais grande de Europa, e a Disco Móvil Impacto, que actuarán ata ben entrada a madrugada.

A mesma fin de semana da Festa da Xuventude, pero o domingo, coincide a Feira do mes, dado que é o primeiro domingo do mes de setembro.

Tamén ese mesmo domingo, día 1 de setembro, terá lugar a 4ª malla A Castronela. Esta malla tradicional que se levará a cabo no Castro Friulio, está organizada pola Asociación friolense de recreación histórica A Castronela en colaboración co Concello de Friol.

E este sábado 24 de agosto, no parque Rosalía de Castro, ás 19:00 h, visitará Friol a obra De Vilalegre a Vilatriste do Centro Dramático Galego en coprodución con Utópica rodante e texto de Roi Vidal a bordo do Furgón Utópico, para conmemorar os 40 anos do Centro Dramático Galego.
Antes de esta obra, tamén o sábado 24, e tamén no parque Rosalía de Castro, terá lugar de 11 a 19 horas o mercado segunda vida organizado por Reama Friol.

O alcalde, José Angel Santos, espera a asistencia e participación da xente moza de todo o municipio no día que o Concello lles adica, na Festa da Xuventude, pero tamén en todos os outros actos que se levarán a cabo nesta última fase do verán friolense.

O rexedor indica que “estas actividades celébranse para toda a xente moza de Friol, para todos os veciños e veciñas que queiran achegarse ata o noso pobo estes días, e para calquera persoa que queira visitarnos”.

0.17933797836304