O Concello de Friol entrega as titulacións aos participantes nas accións formativas

TerraChaXa
O Concello de Friol, celebrou hoxo o acto de entrega de diplomas e carnés profesionais a todos aqueles veciños de Friol que participaron nos módulos formativos.
IMG_0304
18 Xan 2019

O Concello de Friol, celebrou hoxo o acto de entrega de diplomas e carnés profesionais a todos aqueles veciños de Friol que participaron nos módulos formativos. O acto estivo presidido polo alcalde do Concello, José Ángel Santos, acompañado do concelleiro de Obras, Jesús Cortiña.

Máis de cen veciños de Friol participaron nalgunha das 6 accións formativas ofertadas polo mencionado concello a través dunsD cursos que foron subvencionados integramente polo Concello de Friol.

Impartiuse formación en enestar Animal no Transporte, Manipulador de Produtos Fitosanitarios, Manipulador de Alimentos, Prevención de Riscos Laborais, Operador de Carretilla Elevadora e Operador de Plataforma Elevadora.

Segundo o alcalde, "desde o Concello fíxose un importante esforzo tanto na organización como en dispoñer de partida presupuestaria para acometer ditos cursos de capacitación e formación, dado o gran número de peticións por parte dos veciños e veciñas interesados en formar parte dos diferentes módulos que se levaron a cabo".

José Anxo Santos fixo fincapé na importancia destes cursos dado que "no futuro será necesaria unha mínima formación para entrar no mercado laboral". Agradeceu tamén a implicación de todos os participantes, como tamén o esforzo que levaron a cabo para participar nos mesmos e felicitounos a todos eles por culminar con éxito e dunha forma positiva devanditos cursos.

0.17668294906616