O Concello de Friol inviste nas estradas rurais do municipio

LugoXa | TerraChaXa
Acomete obras nos accesos aos núcleos de Seoane e Pacio, ao límte este último do termo municipal
obras-estradas-rural-friol
29 Nov 2024

O Concello de Friol porá en marcha un proxecto de mellora e reparación do acceso ao núcleo rural de Seoane e do acceso do núcleo rural de Pacio ao límite do termo municipal, con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, por un valor de máis de 135.000 euros.

Levaranse a cabo os traballos necesarios para realizar dúas obras importantes para o Concello de Friol, que suman máis de 135.000 euros entre ambas, e que se financiarán con cargo ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, que financia a Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural.

Realízanse melloras e reparacións no acceso a Seoane desde a estrada da Deputación LU-P2118 e no acceso de Pacio ata o límite do termo municipal.

A finalidade do proxecto é mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, co obxectivo de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola das mesmas.

Ademais, con esta intervención melloraranse os accesos ás explotacións gandeiras da zona, o que permitirá optimizar os seus resultados económicos.

A xustificación de esta intervención baséase fundamentalmente na necesidade de rexeneración do firme actual (tratamento superficial) que presenta un deterioro considerable poñendo en perigo a seguridade viaria.

Na rexeneración do firme do acceso a Seoane, utilízase unha nova capa de firme a base de aglomerado en quente, mellorando considerablemente o firme.

No caso do acceso de Pacios ao límite con Palas de Rei, faise o mesmo paquete de firme que posúe na actualidade. En este acceso, aínda que solo se realiza un reforzo do firme desde Pacio ata o límite co termo municipal de Palas de Rei, o acceso continúa ata a intersección coa estrada LU231.

Todas estas actuacións que se van realizar traerán nunha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio, pois a mellora de todos estes camiños facilitará o acceso polos mesmos aos habitantes do Concello.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, resalta a importancia de “seguir traballando para que as nosas estradas se manteñan no mellor estado de conservación posible, e tamén traballamos para conseguir que melloren trazados e manteñan en estado óptimo as estradas que non dependen nin son titularidade do Concello, e asegurar así, na medida do posible, a seguridade viaria dentro do noso municipio”.

0.17040991783142