O Concello de Guitiriz abre o segundo prazo de matrícula para a Escola Infantil

O Concello de Guitiriz abrirá do vindeiro luns 26 ao sábado 31 de outubro, o segundo prazo de matrícula para a Escola Infantil Municipal 2026/2027. En total, quedan dispoñibles oito prazas no grupo 2-3.
As solicitudes poderanse presentar de xeito presencial, acudindo ao Concello, ou de forma telemática, a través da Sede Electrónica Municipal.
Para máis información, pódese consultar o apartado dedicado na sección de Benestar Social da páxina web do Concello de Guitiriz, onde tamén se atopan o regulamento e as solicitudes.