O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Fonsagrada e Oscos

TerraChaXa
O prazo para anotarse remata o xoves 30 de maio e terán preferencia as persoas empadroadas
Cartel-viaxe-a-Fonsagrada-e-Oscos-guitiriz
Cartel da viaxe
26 Maio 2024

O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Fonsagrada e Oscos para o martes 4 de xuño. O prazo para anotarse na Oficina de Turismo municipal, ou chamando ao teléfono 982 370 109, estará aberto ata o xoves 30 de maio, as prazas son limitadas e darase preferencia ás persoas empadroadas.

A hora de saída prevista para ese mesmo martes, 4 de xuño, é ás 8:30 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz. O prezo desta actividade é de 35 euros e inclúe almorzo, xantar, transporte e seguro.

0.18128418922424