O Concello de Meira convoca de novo o curso de costura

TerraChaXa
A formación desenvolverase todos os xoves en horario de tarde, concretamente de 16.00 a 19.00 horas, a partir do vindeiro xoves 8
obradoiro-costura-chuo-afundacion
4 Oct 2026

O Concello de Meira organiza de novo un curso de costura que impartirá María Luisa Freire Cordero, modista e profesora de corte e confección.

A formación desenvolverase todos os xoves en horario de tarde, concretamente de 16.00 a 19.00 horas, a partir do vindeiro xoves 8.

Todas as persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa inscrición poden poñerse en contacto a través do número de teléfono 639 728 129.

0.15286803245544