O Concello de Meira reabre o prazo de solicitude para unha praza de peón
TerraChaXa
O Concello de Meira volve abrir o prazo de convocatoria dunha praza de peón de servizos múltiples durante o prazo dun ano, concretamente entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de agosto de 2019 e a xornada completa.
8 Aug 2018

Esta praza xa se convocou no mes de xullo, sen que no prazo de tempo aberto se presentase ningunha candidatura, polo que o concello decidiu reabrir a convocatoria entre o 8 e o 17 de agosto para presentar novas solicitudes e proceder á posterior selección.