O Concello de Meira saca unha praza temporal de peón

TerraChaXa
O Concello de Meira vai cear unha bolsa de emprego con carácter temporal de peón de oficios varios e contrará ao mellor posicionado no proceso selectivo, que se fará a través de concurso oposición.
3 Dec 2018

O Concello de Meira vai cear unha bolsa de emprego con carácter temporal de peón de oficios varios e contrará ao mellor posicionado no proceso selectivo, que se fará a través de concurso oposición. O prazo de presentación de solicitudes remata esta semana.

O posto de traballo para o que está aberto o prazo ten un ano de duración a xornada completa. Os aspirantes teñen como requisitos as regulamentacións habituais e estar en posición do certificado de escolaridade e ter o carné de conducir tipo C. As funcións do traballador consistirán en prestar servizos como son o acceso aos núcleos de poboación, pavimentación das vías públicas, parques públicos, cemiterio, abastecemento de auga potable aos domicilios ou rede de sumidoiros entre outros.

O prazo de presentación de candidaturas remata o venres 7 de decembro e deben facerse nas oficinas do concello de Meira.

A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición, consistindo a primeira fase no concurso, no que se valorarán os méritos alegados, e posteriormente a fase de oposición, que consistirá na realización dunha proba práctica relacionada coas tarefas de desenvolver.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17692089080811