O Concello de Muras convoca as axudas para estudantes, que aumentan as súas contías

O Concello de Muras abriu o prazo de solicitude das axudas a estudantes destinadas a libros, material complementario, transporte, aloxamento e conexión a Internet, en función das etapas educativas.
Así, estas van de ata 75 euros para educación infantil e primaria ata 250 euros para Secundaria e 400 para Bacharelato. Para alumnado de educación especial ou con discapacidade as axudas serán de ata 250 euros mentres que os estudantes universitarios e de formación profesional disporán de axudas que oscilan entre os 500 e os 1.250 euros dependendo dos seus ingresos.
Ademais, mantense unha liña de axuda, de máis recente incorporación, que son os 130 euros para a conexión a Internet. Estréase ademais unha subvención de mil euros para estudantes no estranxeiro.
As axudas, que deberán solicitarse no Concello a través das vías habituais, terán de prazo ata o 16 de xuño.
Como novidade, este ano engádense unha serie de axudas para estudantes en programas internacionais con estadías superiores a tres meses, que ascende a 1.500 euros por curso.
O Concello lembra que estas axudas teñen que xustificarse para o que poden empregarse facturas de compra, contratos de alugueiros o xustificantes de pago e, no caso das estadías, billetes das viaxes.