O Concello de Muras licita as obras de abastecemento de auga á Balsa

TerraChaXa
O Concello de Muras sacará estes días a licitación as obras da traída de auga á Balsa, obras que está previsto comezar a executar xa no mes de agosto.
Captura de pantalla 2020 07 30 a las 9.24.38
2 Ago 2020

O Concello de Muras sacará estes días a licitación as obras da traída de auga á Balsa, obras que está previsto comezar a executar xa no mes de agosto. Trátase dunha obra que conta cun orzamento de 380.000 euros con caro ao Fondo de Compensación Ambiental.

Como explicou o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, "con esta obra completaríamos o servizo de auga da traída municipal a todas as parroquias, aínda que quedan pequenos puntos que iremos solventando co tempo, pero o servizo quedaría deste xeito plenamente extendido".

A obra contempla a construcción dun depósito de auga así como 17 quilómetros de tubaxe, ademais de todo o demais que leva como arquetas e outras actuacións en diversos puntos.

O obxectivo sería rematar a obra nun parzo de tres meses polo que no mes de outubro podería estar rematada a obra.

0.10170722007751