O Concello de Muras solicita o investimento necesario para o centro de saúde
O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, fíxose eco das protestas veciñais polo estado no que se atopa o centro de saúde da localidade. Segundo explicou, fíxose na década nos 90 baixo un compromiso escrito de que o Concello encargaríase do mantemento en asuntos menores pero que a Xunta sería a responsable das obras maiores.
O Concello presentou ao Sergas un proxecto para rehabilitar o centro de saúde con traballos entre os que figuran o cambio do tellado, do peche, portas, ventás e pintado do edificio, por un importe de 250.000 euros. “A resposta do Goberno do PP é que non hai cartos. Nós ofrecímonos a asumir a metade do proxecto pero aínda así din que non hai”, explica.
As queixas veciñais fundaméntanse principalmente no continuo filtrado de aire porque as ventás pechan mal e as goteiras que se palian con cubos para recoller a auga cando chove.
“En Muras recádase moito dos eólicos pero a Xunta non está polo labor de dotar aos concellos do rural dos servizos básicos. Nós non temos competencias pero non queremos perder os sevizos”, di Requeijo.