O Concello de Outeiro de Rei convoca de novo o concurso de postais

LugoXa | TerraChaXa
O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto ata o 22 de novembro
Casa_do_Concello_de_Outeiro_de_Rei
9 Nov 2024

O Concello de Outeiro de Rei convoca por noveno ano o Concurso de Postais Nadal 2024 no que poderán participar rapaces e rapazas empadroados neste municipio ou que estuden no Colexio Público Laverde Ruíz.

Hai dúas categorías, unha para nenos de 1º a 3º de Educación Primaria e outra para os de 4º a 6º de Educación Primaria.

Os traballos tratarán sobre o Nadal, valorarase a imaxinación, orixinalidade, colorido e calidade da execución, con atención á idade dos nenos e das nenas concursantes; terán que presentarse en formato 15X21 cm (medio folio) e poderán realizarse tanto en sentido horizontal como vertical.

Poderanse presentar ata un máximo de 2 traballos por participante.

O prazo de presentación de traballos permanecerá aberto ata o 22 de novembro e poderán entregarse na Casa da Cultura ou á conserxe do colexio.

Pódese obter máis información nas bases do concurso e na Casa da Cultura (982 393 408).

0.17471289634705