O Concello de Outeiro de Rei celebra a súa primeira Festa da Xuventude este sábado

TerraChaXa | LugoXa

O Concello de Outeiro de Rei acolle este sábado, 20 de abril, a primeira Festa da Xuventude, que terá lugar na Rúa C baixo carpa cuberta.

festa da xuventude outeiro de rei portada
festa da xuventude outeiro de rei portada
19 abr 2024

O Concello de Outeiro de Rei acolle este sábado, 20 de abril, a primeira Festa da Xuventude, que terá lugar na Rúa C baixo carpa cuberta.

A festa que comeza ás 13.30 horas contará coas seguintes actuacións: Dúo Dilema, Dj Francis, Charanga Mil-9, verbena a cargo da orquestra Olympus e o Dj Jairo LQ.

Tamén haberá un punto de información sobre o Carné Xove.

Na festa haberá posibilidade de xantar; a comida baixo carpa ten un custo 25 euros para as persoas maiores de 15 anos, de 15 para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos e é gratuíta para nenos e nenas menores de 6 anos. Todas as persoas interesadas poderán recoller os billetes da comida no bar O Pozo de Outeiro de Rei ata o vindeiro 15 de abril.

Colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, Carné Xove, Abanca e o Concello de Outeiro de Rei ademais de varias empresas do municipio.