O Concello de Pastoriza organiza unha excursión a Ribadeo para maiores de 55 anos

TerraChaXa
As inscricións poden formalizarse no Concello ata completar as prazas dispoñibles
catedrais-ribadeo-camino-mar
31 May 2026

O Concello de Pastoriza organiza unha excursión a Ribadeo destinada a persoas maiores de 55 anos e aos seus acompañantes, que terá lugar o vindeiro 10 de xuño. A saída realizarase ás 9:00 horas desde a Praza do Concello e o regreso está previsto para as 20:00 horas.

A programación inclúe unha visita ao Museo do Xoguete Tradicional no Pazo de Tovar, en Lourenzá, así como unha visita guiada pola vila de Ribadeo. Ademais, as persoas participantes poderán achegarse á coñecida Praia das Catedrais, un dos principais atractivos turísticos da Mariña lucense.

A comida correrá a cargo dos asistentes. As inscricións poden formalizarse no Concello ata completar as prazas dispoñibles.

0.11508917808533