O Concello de Pastoriza organiza unha viaxe cultural e gastronómica a León, Astorga e Ponferrada

TerraChaXa
O prazo para inscribirse remata o 23 de outubro e poden solicitar información e formalizar a reserva nos teléfonos 982 332 197, en horario de mañá, e 982 332 412, polas tardes
astorga-catedral
14 Oct 2026

O Concello de Pastoriza organiza unha viaxe cultural e gastronómica a León, Astorga e Ponferrada os días 4 e 5 de novembro, cun prezo de 170 euros por persoa. A iniciativa inclúe desprazamentos en autobús, aloxamento nun hotel de tres estrelas, comidas, visitas culturais con guía oficial e actividades de lecer.

A excursión permitirá coñecer algúns dos principais atractivos patrimoniais destas localidades. En Astorga, as persoas participantes visitarán o Palacio de Gaudí e o Museo Romano, ademais de realizar unha ruta romana. En León, o programa inclúe unha visita á catedral e un percorrido pola cidade con guía oficial. A viaxe tamén contempla unha visita a Ponferrada, co seu castelo e o casco urbano.

A proposta combina turismo cultural e gastronomía. Entre as actividades previstas figuran un xantar en ruta, unha cea con cocido maragato, o almorzo no hotel e outra cea con produtos típicos de León. O programa complétase con tempo libre, unha cea con baile e unha parada para un petisco durante a viaxe de regreso.

A saída está prevista para o mércores 4 de novembro ás 7.00 horas desde a praza do Concello. O regreso terá lugar ao día seguinte, despois de completar as visitas programadas.

As prazas son limitadas e teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Pastoriza. Unha vez rematado o prazo de inscrición, as prazas que queden libres poderán ser ocupadas por familiares de persoas empadroadas.

As persoas interesadas poden solicitar información e formalizar a reserva nos teléfonos 982 332 197, en horario de mañá, e 982 332 412, polas tardes. O prazo para inscribirse remata o 23 de outubro.

0.15294408798218