O Concello de Pol abre o prazo para comunicar as fogueiras de San Xoán 2026

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Será necesario facilitar os datos da persoa responsable da fogueira, incluíndo nome e apelidos, número de DNI, enderezo de residencia e a localización exacta onde se vai realizar a queima
Fogueira-San-Xoan-Lancara
10 Jun 2026

O Concello de Pol informou da apertura do prazo para comunicar a realización de fogueiras con motivo da celebración de San Xoán 2026. Segundo recolle o bando emitido pola Alcaldía, as persoas interesadas deberán presentar a correspondente comunicación municipal entre os días 10 e 22 de xuño, ambos incluídos, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O anuncio, asinado polo alcalde-presidente do municipio, Lino Rodríguez Ónega, establece que para tramitar a comunicación será necesario facilitar os datos da persoa responsable da fogueira, incluíndo nome e apelidos, número de DNI, enderezo de residencia e a localización exacta onde se vai realizar a queima.

Desde o Concello explican que toda a información recollida será remitida posteriormente ao Distrito Forestal de Vilalba para o seu coñecemento, co obxectivo de garantir un adecuado control destas celebracións tradicionais e velar polo cumprimento da normativa vixente en materia de prevención de incendios.

A administración local lembra así a importancia de realizar este trámite previo para poder celebrar as fogueiras de San Xoán dentro das condicións establecidas e con todas as garantías de seguridade.

 

0.1187629699707