O Concello de Rábade abre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas

O Goberno local do Concello de Rábade abre o luns o prazo para anotarse ás escolas deportivas para o curso 2026-2027.
O obxectivo, tal e como destaca a alcaldesa, Remedios González, “é o de impulsar a práctica do deporte e fomentar a socialización e as relacións entre os nenos e nenas e entre os adultos”, polo que anima a participar nesta ampla oferta de actividades.
Para os nenos e nenas, de 4 a 16 anos, ofértanse os seguintes deportes: ximnasia rítmica, tenis de mesa, patinaxe, xadrez, judo, fútbol-sala, balonmán, rugby, atletismo, voleibol, tenis, baloncesto, loita libre, capoeira e zumba infantil.
No caso das escolas de adultos, ofértanse as seguintes actividades: zumba, tenis de mesa, atletismo, xadrez, capoeira, tenis, pilates, patinaxe, ximnasia de rehabilitación, ioga, fútbol sala e defensa persoal.
As actividades deportivas levaranse a cabo sempre que haxa un número mínimo de participantes.
As inscrición pódense facer no Departamento de Cultura e Deporte do Concello de Rábade en horario de 09:00 a 14:00 horas ata o 25 de setembro entregando debidamente cumprimentada a inscrición que pode descargarse na web www.concelloderabade.es .
O Concello está aberto a calquera suxestión doutras actividades que non estean reflectidas nas ofertas e que susciten interese.