O Concello de Rábade presenta o seu programa de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
O Nadal arrancará en Rábade o día 23 co acendido do alumeado, que precederá a un dos actos máis tradicionais na localidade, o Recheo.
cartel programa nadal rabade portada
cartel programa nadal rabade portada
15 dic 2022

O Nadal arrancará en Rábade o día 16 co acendido do alumeado, que precederá a un dos actos máis tradicionais na localidade, o Recheo de Nadal, que se fará 0 23 no centro sociocultural. Será unha nova sesión na que haberá tamén sorteo de agasallos e chocolate con churros, só para adultos.

Os nenos volverán ser os protagonistas con numerosas actividades para eles. Así, o día 26 dará comezo un taller de construción de cabezudos, que se prolongará ata o día 30 de decembro, todas as mañás, de 10.00 a 14.00 horas no centro sociocultural.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de 8 a 16 anos, que realizarán o seu propio cabezudo. Tamén haberá un campamento de Nadal, Campa Rabadelandia, durante todas as vacacións escolares para conciliar vida laboral e familiar. Centrarase na creatividade nestas datas e durante as mañás, os asistentes, pequenos e pequenas de 4 a 12 anos terán talleres, xogos e cancións para desfrutar das mañás, xa que o horario será de 10.00 a 14.00 horas do 26 ao 30 de decembro.

En xaneiro, os días 2, 3 e 4 haberá outra sesión de campamento cun horario diferentes. Será de 12.00 a 13.30 horas para facer teatro, dirixido a nenos de 6 a 12 anos. A actividade leva o título, Empeza o ano facendo teatro.

Paralelamente terán lugar outras actividades, como unha sesión de contacontos, o día 27 de decembro, ás 17.00 horas no centro sociocultural. Representarase Un paxe real en apuros, dirixido a público infantil e familar.

Para os adultos, terá lugar o baile de Nadal, que se celebrará o día 30 de decembro, a partir das 22.30 horas, con actuacións en directo e o concurso Móvete a ritmo cun xamón de premio.

Rematarán o ano coa carreira de nenos e adultos Don Silvestre, que se celebrará a partir das 11.15 horas na Prazauela. Será, coma sempre, non competitiva e aberta á participación de nenos e adultos con premios para os catro mellores disfraces. Para participar requírese inscrición previa en championchipnorte.

Para o mes de xaneiro están previstas dúas actividades. O día 4, martes, haberá un concerto de Nadal a cargo de Eladio y los seres queridos, a partir das 22.00 horas no centro sociocultural. E finalizarán coa cabalgata de Reis, o propio día 5 de xaneiro con saída ás 17.00 horas.

A organización pide aos pequenos que esperen no seu balcón ou ventá xa que farán un percorrido por toda a vila. Previamente, o Concello enviará unha carta con información e os horarios.

As persoas interesadas en participar nos obradoiros poden inscribirse no Concello en horario de mañá.

programa nadal rabade