O Concello de Rábade sacará a licitación o acondicionamento do barrio da Ponte
TerraChaXa
No presente mes de maio está prevista a aprobación do proxecto de acondicionamento do barrio da Ponte, que incluirá o amaño da rúa José Pardo, no entorno da Ponte Medieval.
19 Maio 2019
No presente mes de maio está prevista a aprobación do proxecto de acondicionamento do barrio da Ponte, que incluirá o amaño da rúa José Pardo, no entorno da Ponte Medieval.
O proxecto, que se executará no presente ano, leva a recuperación do pavimento orixinal, renovación de servizos, execución de novas beirarrúas, adecuadas ao entorno desta emblemática zona, e carrís bici, así como unha franxa de zona verde, para separar a zona rodada da zona peonil.
En breve dende o Concello convocarase aos veciños para presentarllelo e coñecer e analizar as suas suxestións. A fotografía reflexa unha simulación do proxecto executado.