O Concello de Riotorto oferta a explotación do Mazo de Ferreiravella

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riortorto vén de facer pública a súa intención de sacar a explotación do Mazo de Ferreiravella. Xa se poden presentar ofertas.
mazo de Ferreiravella
mazo de Ferreiravella
5 Dec 2023

O Concello de Riortorto mantén aberta a oferta de explotación do Mazo de Ferreiravella, un complexo rural que conta con edificio para restaurante, con explanada de 800 metros de aparcadoiro e conxunto etnográfico adxunto. Ademais é un dos puntos do roteiro dos ferreiros.

As persoas interesadas na súa explotación poden poñerse en contacto co Concello que estudiará o seu proxecto de viabilidade e de futuro.

Dependendo das ofertas presentadas farase unha licitación pública do mesmo pero en principio estudiaranse as ofertas de forma individualizada.

mazo de Ferreiravella entera
0.16557884216309