O Concello de Riotorto oferta un punto de atención ás mulleres quincenal

TerraChaXa | AMariñaXa
A casa consistorial recibe un mércores cada quince días a unha psicóloga
Casa-Concello-Riotorto
9 sep 2024

O Concello de Riotorto lembra que a veciñanza da localidade conta cun punto de información para mulleres, servizo que presenta o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo.

Deste modo, a casa consistorial de Riotorto recibe un mércores cada quince días a unha psicóloga que atende en horario de 11.30 a 13.30 horas.

Este servizo organízase en aplicación do convenio de colaboración do 2018 entre ámbolos dous concellos.

Trátase dun departamento municipal que ten como obxectivo favorecer e impulsar a participación da muller, en igualdade de condicións, na vida política, social e económica da localidade. Ofrecen asesoramento xurídico e apoio psicolóxico, axuda en casos de violencia de xénero, emprego, formación e fomento da igualdade.

0.18282103538513