O Concello de Vilalba chama á responsabilidade no coidado dos terreos na Xira

TerraChaXa
O Concello fai un chamamento a todos os veciños e veciñas para compaxinar a celebración co respecto á contorna natural e ao medio ambiente.
xira festas san ramon vilalba
22 Jul 2022

O Concello de Vilalba anunciou hai uns días que este ano recuperarase a celebración da tradicional Xira Campestre no entorno da Madalena, tras dous anos suspendida por mor da pandemia da COVID-19.

Para que todo transcurra con normalidade e sexa un éxito, o concello fai un chamamento a todos os veciños e veciñas para compaxinar a celebración co respecto á contorna natural e ao medio ambiente, prestando especial atención e consideración naquelas zonas ou terreos de propiedade privada.

Este sería o caso da maior parte dos terreos situados no monte da xira, onde se desenvolverá con normalidade tal e como se viña facendo anteriormente, pero incidindo na necesidade de evitar prácticas que podan ocasionar danos á natureza, así como pedindo a limpeza posterior e adecuada xestión dos residuos, tanto nas zonas públicas como privadas, tendo en conta que estas últimas son cedidas polas persoas propietarias dos terreos para esta celebración.

Ademais, lembran a importancia de deixar os accesos libres e poñer as merendas dun xeito ordeado que permita a convivencia de todos os grupos. O concello está convencido de que a celebración será un éxito se todo o mundo actúa con sentido común e respecto ao resto das persoas e á contorna, agradecendo de antemán a colaboración.

0.17382597923279