O Concello de Vilalba convoca varias prazas de monitor deportivo

TerraChaXa
O Goberno Local do Concello de Vilalba contratará personal para ocupar postos de monitores deportivos de forma temporal.
15 Maio 2019
O Goberno Local do Concello de Vilalba contratará personal para ocupar postos de monitores deportivos de forma temporal. Para a convertura destas prazas vén de sacar as bases reguladoras para a formación dunha bolsa de emprego que poden consultarse no seguinte enlace  http://deputacionlugo.gal/boletin-oficial-da-provincia-de-lugo/ultimo-bop

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto desde o 10 de maio ata o 3 de xuño.

Os interesados poderán presentar a instancia para tomar parte do proceso selectivo presencialmente no rexistro xeral do Concello de Vilalba (1º andar) ou a través da sede electrónica http://vilalba.sedelectronica.es/info.0. Os interesados deberán aportar DNI, fotocopia simple da titulación académica esixida como requisito de acceso, certificación negativa de delitos sexuais e a documentación necesaria para a acreditación de cada mérito según o descrito na base sexta.

0.098424911499023